CRTVG

Buscar

En que se diferencia o noso Samaín doutras tradicións coma o Halloween?

Publicado o 01/11/2019 10:40

Esta noite celébrase o Samaín, unha festa que comparte a súa orixe co Halloween estadounidense. Porén, non son a mesma tradición e podémolas diferenciar coas seguintes claves:

1) No Samaín non todo son cabazas, senón que aquí usamos máis produtos agrícolas: os melóns, os nabos e incluso as patacas grandes. 

2) No Samaín non existe o 'Truco ou trato'... iso é máis ben cousa dos Estados Unidos.

3) O Halloween baséase no medo porque os espíritos dos que se fala son malignos. Todo o contrario ao Samaín: os espíritos son bos porque nesta tradición recordamos os familiares mortos.

4) En canto á procedencia dos nomes, Halloween vén de All Hallows'Eve, que significa 'véspera de Todos os Santos'. Samaín, pola contra, vén da palabra coa que os celtas se referían a un período de tempo: a fin do verán e das colleitas e o comezo dunha estación escura.

5) Existe outra gran diferenza: nos Estados Unidos non é necesario organizar nada polo Halloween porque todos o celebran. Non ocorre o mesmo co Samaín porque a nosa tradición se mesturou algo coa estadounidense. Toca agora recuperar a súa identidade.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí