CRTVG

Buscar

En que disciplina destacan as universidades galegas?

Publicado o 04/03/2020 15:25

O ranking QS é un dos máis recoñecidos do mundo e analiza a reputación que teñen as universidades entre as empresas, así como o seu prestixo investigador.

O estudo establece cinco grandes bloques de coñecemento: artes e humanidades, ciencias sociais e xurídicas, ciencias da saúde, ciencias experimentais e enxeñerías.

As conclusións indican que a Universidade de Santiago está presente en 13 áreas diferentes, destacando nos estudos relacionados coa química, a física, as matemáticas e a saúde.

A Universidade de Vigo sobresae tamén no eido da química, e nas enxeñerías eléctrica e mecánica. A enxeñería mecánica leva tamén á Universidade da Coruña a entrar por primeria vez na clasificación.

No bloque de artes e humanidades, o informe destaca a calidade dos estudos vencellados á literatura inglesa e ás linguas modernas da Universidade de Santiago.

Noticias web

04/03/2020