En que consiste o bypass coronario?
Publicado o 25/08/2019 15:02
A técnica cirúrxica do bypass coronario corrixe a obstrución das arterias que se encargan de levar o sangue ao corazón. A taxa de supervivencia é alta. As complicacións máis frecuentes adoitan aparecer nas primeiras horas tras a operación.
O paciente adoita pasar as primeiras 24 ou 48 horas na Unidade de Coidados Intensivos. Recibe a alta hospitalaria ao redor de dez días despois da intervención. Nun mes pode facer unha vida totalmente normal. A idade é un factor de risco, pero non o máis importante.
En Galicia os hospitais da rede pública practican máis de catrocentas intervencións deste tipo cada ano.