CRTVG

Buscar

En que concello galego chove máis?

Publicado o 27/11/2019 16:19

Unha investigación indica que o concello de Abadín rexistrou a media máis alta de chuvascos anuais: máis de 200 días de chuvia ao ano promediou nas dúas útimas décadas.

Un segundo caso é o de Ponteareas, que ostenta o récord de xornadas consecutivas de chuvia: entre o novembro do ano 2000 e xaneiro de 2001 estivo chovendo 54 días seguidos. 

E o terceiro concello desta lista é Val do Dubra. Alí bateron a marca de días de chuvia nun ano. Foi en 2008, cando caeu auga en 273  dos 365 días do ano. O dato impreisona, pero, iso si, na zona ninguén se sorprende. 

Diante temos este ceo tan galego, e debaixo del temos o punto onde máis veces descargou auga nun ano. Nesta estación meteorolóxica de Paramos, en Val do Dubra, dos 365 días do ano 2008 recolleuse chuvia en 273 días.

Pois empezan a dicir por aquí que a terra xa non queres máis auga, despois de case un mes seguido caendo. Claro que tamén hai que di que tampouco chove tanto en Val do Dubra.

"Chove máis en Santiago".

Este é o ceo de Ponteareas. Tamén aquí hai quen di que non, que non chove tanto.

"Non. Só chove nas Neves".

Xa o collen en plan chiste. Pero, iso si, paraugas en man, que chover chove.

"Todo o día...".

O extraordinario é o récord de Ponteareas: 54 días de chuvia consecutivos entre finais do ano 2000 e comezos do 2001.

"De feito, eu marchei para as Canarias".

O ceo de Abadín tamén descarga con xenerosidade, e tamén hai quen o nega.

"Chove máis noutros sitios".

Pois imos con datos: nos últimos vinte anos foi o lugar con máis días de chuvia de media, cun promedio de máis de 200 xornadas de auga cada ano.

"O inverno aquí parece máis longo ca noutros sitios".

Vén sendo o ceo galego.

Noticias web

27/11/2019