CRTVG

Buscar

En que colector debemos tirar as máscaras usadas? Aclarámoscho aquí

Publicado o 15/10/2020 13:59

Máscaras e luvas forman parte xa da nosa vida diaria. Pero tamén se converten nun problema cando acaban tiradas pola rúa, no monte ou no mar. Cada unha destas pezas pode tardar séculos en degradarse e dana o medio natural onde quede abandonada.

É importante, polo tanto, ser coidadosos e depositar estes residuos no colector axeitado, pero sabemos como e onde tirar as máscaras e as luvas?

Atención! Máscaras e luvas deben depositarse nunha bolsa á parte do resto de residuos e tirala logo no colector gris denominado de resto. Pero se non hai no noso concello, esa bolsa debe depositarse no colector verde ou orgánico.

Se estamos na rúa, podemos tirar as luvas ou máscaras nas papeleiras públicas, pero sempre é preferible facelo nun colector de resto para que eses residuos se traten logo á parte.

Noticias web

15/10/2020