CRTVG

Buscar

En Portomarín premiarán os nenos nenos cunha viaxe

Publicado o 22/04/2020 16:04

Unha vila que decidiu reaccionar ante certo tipo de silencio.

"Hai mes e medio que non vexo un neno, e dá moita tristeza non ver un neno polas nosas rúas. E se a alguén temos que ilusionar, que é a nosa obriga como políticos, é a eles, que son o noso futuro".

E púxeronse mans á obra.

"Diploma especial".

O primeiro, darlles aos pequenos de Portomarín ese recoñecemento.

"Por ser tan bo e non saír da casa".

Segundo. Unhas galletas personalizadas elaboradas por un comercio local.

E terceiro, e aínda máis ilusionante...
"Organizaremos unha viaxe, cando as autoridades sanitarias nolo permitan, a Eurodisney ou ao parque Warner Bros de Madrid".

O Concello financiará a viaxe cos cartos que tiña reservados para as festas que houbo que cancelar. Visitarán un parque de atraccións uns 25 alumnos de primaria. Iso si, antes teñen que aprobar o curso.


 

Noticias web

22/04/2020