CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

En Ponte de Lima (Portugal) recuperan unha aldea abandonada

Publicado o 13/05/2018 12:46
En Galicia e tamén no norte de Portugal hai moitos lugares que sofren un forte despoboamento. A rehabilitación de casas para o seu uso como turismo rural é xa moi común. Hoxe achegámonos ata Ponte de Lima para ver como recuperan unha destas aldeas abandonadas, ofrecendo servizos que sirvan para revitalizar zonas que adoitan estar lonxe das cidades.


Cerquido Village é algo máis que unha casa. É un proxecto impulsado por un empresario limiano que busca promover un espazo natural da serra da Arga, recuperando vivendas en ruínas e construíndo novas localizacións. A Casa da Serra, no 2014, foi a primeira das cinco que existen hoxe en día e que inclúen uns antigos cuarteis, de Santa Xusta, na cima do monte.
A 17 quilómetros está a vila de Ponte de Lima, considerada a máis antiga de Portugal. Etapa de parada obrigada da ruta xacobea portuguesa e a capital mundial do viño verde. Xunto seus pratos típicos, o sarrabullo e o bacallau miñoto, son algunhas das razóns para que cada ano a visiten miles de turistas::

- INSERTO VECIÑO LIMA 1
- INSERTO FRANCESA 2

Ponte de Lima quere ser un referente do medio ambiente, o deporte e o turismo ecuestre, uns valores comparte o fundador de Cerquido Village:



A proximidade e as similitudes entre Galicia e o norte de Portugal fan que este proxecto poida servir de exemplo para recuperar zonas despoboadas deste lado do Miño respectando as tradicións locais e en contacto coa natureza.



Ademais das rutas de sendeiro pola montaña, os paseos a cabalo, en bicicleta, e a gastronomía son outras opcións das que dispoñen os visitantes, con programas a medida ofrecidos nas propias residencias:



A unha hora de cidades como Vigo ou O Porto, Ponte de Lima e Cerquido Village ofrecen vivencias e experiencias que comezan e rematan en cada unha das casas. Un xeito para encher de vida un emblemático espazo de montaña, o único secreto que non é para gardar.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí