Pol leva varias semanas sen rexistrar casos de covid
En Pol teñen o contador a cero en casos de covid, pero, aínda así, a vila está practicamente baleira.
"Saen o menos posible, veñen á compra, fan os recados e para a casa, non paran na rúa"; "Fas o de necesidade e nada máis".
Que non haxa contaxios dá tranquilidade, pero os veciños non relaxan as medidas e extreman a súa protección.
"Eu vexo por aí que ata polos camiños a xente anda coa máscara"; "Non quitamos a máscara, gardamos a distancia, facemos bastante ben as cousas".
Esta prudencia dos veciños fai que sexa un dos concellos galegos con menos incidencia do virus. Dende que comezou a pandemia rexistráronse uns 8 casos.
"Eu atribúoo á responsabilidade da sociedade, é a que nos pode liberar si ou non", di o alcalde, Lino Rodríguez.
Axúdaos vivir no rural, pero tamén que a maioría dos veciños teñen a súa actividade laboral aquí, os desprazamentos son escasos, polo que se reducen as posibilidades de contaxio.
"O 90 por cento da xente traballa na zona, non se despraza, e os que o fan terán máis coidado de non contaxiarse".
O municipio repártese en 20 núcleos, onde viven os seus 1.600 habitantes, que se dedican na súa maioría á gandería.