CRTVG

Buscar

Os veciños de Perlío, en Fene, piden un paso seguro para atravesar a vía do tren

Publicado o 12/10/2017 14:12

A vía do tren parte a parroquia de Perlío, en Fene. Os veciños, maiores e nenos, cruzan a diario por un paso non habilitado que pode ser perigoso. Reclaman que dunha vez se acondicione un paso elevado ou soterrado que sexa seguro para todos.

O tren avisa cun asubío cando circula por Perlío, no concello coruñés de Fene. É un lugar perigoso. A vía fai unha curva e a cada momento a xente cruza por aquí, a pesar de que non é un paso habilitado. 

A uns douscentos metros deste punto, á altura do apeadeiro de Perlío, hai un paso elevado. E do lado de Fene un túnel permite salvar a vía do tren. Os veciños consideran que calquera das dúas opcións supón dar un volta inasumible para facer as tarefas cotiás. Prefiren arriscar baixando estas escaleiras e cruzando a vía. Reclaman unha solución que lles permita seguir cruzando a vía por aquí dun xeito seguro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017