En Ourense haberá 15 dedicacións exclusivas, 10 para o goberno bipartito
Publicado o 05/07/2019 18:33
E celebrouse tamén o primeiro pleno da nova coorporación de Ourense, que contará con 15 dedicacións exclusivas, 10 para o goberno bipartito. As retribucións aprobáronse grazas a abstención de Ciudadanos, xa que dous edís de Democracia Ourensana se ausentaron do pleno. Previamente, PSOE, Ciudadanos e BNG criticaran o gasto anual do Goberno local, medio millón de euros. PP e DO defenden que o soldo do alcalde non se incrementa e é dos máis baixos das cidades galegas.