CRTVG

Buscar

Un cento de voluntarios fabrican en Ourense máscaras con impresoras 3D

Publicado o 02/04/2020 13:48

A innovación tecnolóxica ao servizo da saúde para crear pantallas. Evitan que nos toquemos a cara e así reducimos contaxios.

Fabrican varios tipos de mascaras e fano a través de impresoras 3D. Son preto dun cento de voluntarios. Moitos traballan dende a súa propia casa.

No centro La Molinera de Ourense encárganse de montar as que traen e tamén de fabricar máis. Nunha semana de funcionamento levan confeccionado e reptartido xa máis de 2.000 máscaras.

Noticias web

02/04/2020