CRTVG

Buscar

En Ortigueira comeza a conta atrás para o Festival Internacional do Mundo Celta

Publicado o 11/07/2018 21:45

E en Ortigueira comezou a conta atrás para o seu Festival Internacional do Mundo Celta. A oficina de turismo de Ortigueira é un fervedoiro de xente. Amais dos turistas, este posto convértese estes días en punto de información tanto para os veciños que queren acceder co seu coche ao centro da vila como para os que veñen participar da gran festa folk.

As músicas e sons do mundo celta volverán soar no peirao da vila onde os preparativos do escenario principal continúan arreo. Entre os veteranos, no cartel deste ano está Milladoiro que actuará o sábado. Declarado de interese turístico internacional, o Festival do Mundo Celta é un auténtico revulsivo para a vida que os seus veciños tamén viven con intensidade. Serán catro días de festival onde a protagonista será a música de raíz.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018