CRTVG

Buscar

En Narón suavizan as restricións, pero os veciños séntense prexudicados

Publicado o 05/01/2021 14:57

En Narón suavizan as restricións, pero, curiosamente, isto prexudícaos. Quedan separados de Ferrol, con quen compartían peche perimetral.

Dende hoxe os veciños de ambos os dous concellos están vendo reducida a súa mobilidade, xa que pasaron dun peche perimetral conxunto a outro individual. Isto significa que nin a xente de Ferrol pode ir a Narón nin a de Narón pode visitar Ferrol. E isto é un problema porque estes dous concellos funcionan non tanto como independentes, senón coma unha área metropolitana cunhas fronteiras tan pouco definidas que moitos veciños as están descubrindo agora, a golpe de sanción.

Un dos exemplos está neste polígono da Gándara, que é unha das áreas comercias de referencia de toda da comarca. Está situado a cabalo entre Narón e Ferrol, o que suscita moito desconcerto entre os veciños, que non saben ben onde lles está permitido ir. Os empresarios quéixanse porque perden moita clientela de fóra. Esta medida colleu moitos veciños aínda despistados.

Noticias web

05/01/2021