CRTVG

Buscar

En menos dunha semana pasaron de catro casos a máis de 50 os positivos detectados na empersa Avigal, en Cambados

Publicado o 26/09/2020 21:30

En apenas unha semana os casos de coronavirus confirmados na empresa Avigal pasaron de catro a 57. Ademáis outros 20 empregados están en confinamento preventivo. Por iso, os concellos da comarca do salnés están en alerta, xa que os traballadores residen en distintos municipios, só tres están en Cambados, onde se ubica a planta.

En Vilanova de Arousa residen outros sete traballadores contaxiados. Neste municipio xa se aplican restriccións, e mantense a vxilancia en todo o Salnés por se hobese que adoptar novas medidas.

Durante toda a fin de semana a planta de Avigal permanece pechada para tarefas de desinfeción. O luns retomarán a actividade coa produción ao 40%.

Noticias web

26/09/2020