CRTVG

Buscar

En Marea suspende de militancia e ameaza con expulsar os deputados que apoian a Sande

Publicado o 19/06/2019 08:48

En Marea suspende de militancia e ameaza con expulsar os deputados que apoian a designación dun senador autonómico diferente ao elixido pola formación política. Se non hai acordo para un candidato de consenso, a ruptura do grupo parlamentario podería ser efectiva xa este venres.

O prazo para rexistrar o nome do senador autonómico a proposta de En Marea remata á unha e media da tarde do venres. Os deputados críticos coa dirección formalizaron a proposta de Xosé Manuel Sande, contra o criterio da formación política que mantén a Mariló Candedo. En caso de que se rexistren os dous nomes a decisión última será da Mesa do Parlamento e dos servizos xurídicos da cámara. Ademais a ameaza de fractura do grupo parlamentario sería unha realidade.

Os deputados críticos coa dirección de En Marea formalizaron a proposta de designar como senador autonómico un candidato diferente ao elixido pola formación política. Na votación non estiveron presentes nin Luís Villares nin os tres deputados afíns a el.

A resposta da dirección de En Marea non se fixo esperar. Acúsaos de desobecer a decisión soberana do partido polo que foron elixidos ao non apoiar o nomeamento como senadora de Mariló Candedo.
O prazo para rexistrar o nome do senador remata a primeira hora da tarde do venres. Se non hai un acordo de última hora o grupo parlamentario quedaría divido en dous. Ademais, se se rexistran dous nomes produciríase unha situación inédita que deberán resolver a Mesa do Parlamento e, previsiblemente, os servizos xurídicos da cámara.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019