CRTVG

Buscar

En Marea segue sen poñerse de acordo para elixir o senador autonómico

Publicado o 12/06/2019 18:04

A Galicia correspóndenlle 3 senadores por designación autonómica. O Parlamento aínda non os nomeou. Os socialistas acusan o PP de atrasar esa votación porque teñen conflitos internos. Feijóo recorda que eses problemas están en En Marea, que ten dereito a un senador, pero non se poñen de acordo entre eles.

O grupo parlamentario de En Marea segue sen poñerse de acordo na elección dun nome para ocupar o cargo de senador por designación autonómica.

Os deputados afíns a Luís Villares e os críticos seguen coas negociaciós para intentar desbloquear a situación e consensuar un nome . En principio, mantense para esta tarde a votación telemática para elixir entre Mariló Candedo, candidata do Consello das Mareas e Xosé Manuel Sande, proposto polo sector crítico.

Así e todo, esta votación podería non chegar a celebrarse xa que, segundo informaron fontes de En Marea, Villares podería propoñer un terceiro candidato. Polo momento no se sabe quen é pero, segundo apuntan dende o grupo, podería tratarse dun persoa que lle valería ás dúas partes.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019