CRTVG

Buscar

En Marea renova o seu Consello das Mareas

Publicado o 31/07/2019 09:28

Aquí en Galicia, En Marea, completa a renovación dos seus órganos de dirección. A través dun proceso interno coa concorrencia dunha soa lista, a encabezada por Luis Villares, En Marea elixiu un novo Consello das Mareas.

Un consello integrado por 35 persoas e encabezado por Villares que será o eixe da organización que pon a vista nas eleccións autonómicas do vindeiro ano na comunidade. En Marea aspira a converterse na alternativa para o electorado progresista, fronte a PSdeG, BNG e os seus ex-socios da esquerda rupturista.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/07/2019