CRTVG

Buscar

En Marea presenta os candidatos ás xerais, sen Podemos, EU nin Anova

Publicado o 17/03/2019 11:21

Aquí en Galicia, os afins a Luis Villares conservan a marca de En Marea e presentaron os seus candidatos. Concorren ás xerais á marxe de Podemos e Esqueda Unida, que optan pola marca En Común. Anova decidiu non presentarse logo de que Podemos e Esqueda Unida quixesen impoñer a Yolanda Díaz como cabeza de lista por Pontevedra. 

Luís Villares defende que a candidatura de En Marea representa "a unidade cidadá" e que non se subordinan aos partidos políticos clásicos. Desta vez, os partidos quedaron fóra da coalición: Podemos e Esquerda Unida optan pola marca En Común. E Anova decidiu, no último momento, non presentarse aos comicios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/03/2019