CRTVG

Buscar

En Marea propón para o 10-N unha candidatura única de "forzas progresistas galegas"

Publicado o 21/09/2019 23:19

En Marea presentarase ás vindeiras eleccións xerais do mes de novembro. Así o decidiu hoxe o consello das mareas, que tamén fará un chamamento a todas as forzas políticas e sociais galegas para formar unha ampla alianza política galega, progresista e responsable que facilite un goberno de esquerdas.

Tras os resultados conseguidos nas últimas xerais, con pouco máis de 17.000 votos, había partidarios de non concorrer aos comicios do 10 de novembro, pero finalmente En Marea si que se vai presentar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/09/2019