CRTVG

Buscar

En Marea presenta un plan alternativo contra os incendios

Publicado o 13/01/2018 14:30

"Sen lumes. En verde e con futuro". Esa é a alternativa territorial do monte e do rural que En Marea defenderá no Parlamento galego e que está presentando por toda Galicia.  Unha alternativa que hoxe desembarcou en Ponte Caldelas, unha zona gravemente afectada pola vaga de lumes do quince de outubro. A través de varias mesas redondas, na que participaron colectivos e técnicos forestais, presentouse este plan de autodefensa promovido por En Marea. A súa intención é a de percorrer todas as comarcas afectadas polo lume e posteriormente as cidades antes de presentalo na Cámara Galega.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2018