CRTVG

Buscar

En Marea presenta os seus candidatos ás primarias para as eleccións xerais

Publicado o 05/03/2019 19:01

En Marea presenta os seus candidatos ás primarias para as eleccións xerais. Segue rexeitando unirse á coalición pola que traballa o sector crítico. Non hai achegamento para evitar a ruptura a pesar de que ambas partes insisten en que manteñen aberto o diálogo para unha candidatura unitaria.

Son as candidatas ao Congreso de En Marea pola Coruña, Lugo e Pontevedra e o candidato ao Senado por Ourense. Insisten en que queren presentarse como partido para optar a un grupo propio e evitar integrarse nas filas de Unidos Podemos como na lexislatura que acaba de finalizar.

"Nós sempre defendemos o grupo propio que só é posible dentro deste espazo político. Un espazo que non ten tutelas, que non está subordinado, que ten voz propia e que decide desde o país", afirma Ana Seijas, candidata e vicevoceira de En Marea.

Pero Yolanda Díaz defende a autonomía que tiveron no Congreso. E critica a Villares por fomentar, di, a división política á conta dunha fórmula xurídica.

"Eu obediencia debida non lle teño a ninguén. Paréceme unha torpeza e mais dunha persoa como Luís Villares que vén do dereito paréceme ainda máis torpe dicir isto porque o que importa é a altura de miras e política", asegura a deputada.

A pesar dos desencontros Díaz cre que hai marxe para o acordo. En Marea asegura que as vías de diálogo seguen abertas. Pero de momento non se coñecen avances que permitan pensar que os antigos socios volverán concorrer xuntos ás eleccións.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/03/2019