CRTVG

Buscar

En Marea pospón o debate para destituír a Villares ata despois das municipais

Publicado o 01/05/2019 22:38

Os resultados das eleccións xerais tamén se notan no Parlamento galego. Podemos e Esquerda Unida manobran para destituir a Luís Villares como voceiro do grupo no Hórreo. Finalmente acordaron pospoñer o debate ata despois das municipais.

Podemos e Esquerda Unida séntense reforzados tras as xerais. Gañaron dous deputados en Madrid fronte á desfeita da lista de En Marea. Por iso, cren que non ten ningún sentido que Luís Villares continúe como voceiro do grupo no Parlamento de Galicia e convocaron unha reunión para forzar o seu cesamento. O encontro foi tenso, pero finalmente acordouse atrasar a remuda ata despois das municipais. Para Villares, esta é unha manobra ilexítima comandada por Podemos que repercute negativamente na campaña das mareas nos concellos.

O líder de Podemos en Galicia di que os seus deputados actúan con autonomía pero recorda que o sector crítico ten a maioría no grupo.

Pola súa parte, Anova prefire centrarse nas eleccións municipais e deixar este debate para despois.





 

Noticias web

01/05/2019