CRTVG

Buscar

En Marea podería presentarse ás próximas eleccións ao Parlamento de Galicia

Publicado o 16/05/2020 19:37

En Marea podería presentarse ás eleccións autonómicas de xullo. Tras a marcha de Luís Villares, candidato da formación en 2016, renunciaran a presentarse na cita electoral frustrada de abril. Dicían daquela que para non dispersar o voto da esquerda e falicilitar unha alternativa real ao Partido Popular.

Agora En Marea considera que podería representar un papel relevante na reconstrución tras a crise da COVID-19. Hoxe sábado reunirase a coordinadora para tomar unha decisión. Esta deberá ser posteriormente referendada polos inscritos a través dun plenario.

 

Noticias web

16/05/2020