CRTVG

Buscar

En Marea pide a Feijóo que conte con oposición para planificar a desescalada

Publicado o 27/04/2020 07:26
En Marea pide a Feijóo que conte con oposición para planificar a desescalada

O deputado do Grupo Mixto-En Marea, Davide Rodríguez, pediu este domingo ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que conte coa oposición galega para planificar a desescalada do confinamento.

Durante a reunión mantida entre o presidente da Xunta e os representantes dos principais partidos políticos de Galicia, Rodríguez mostrou a disposición do seu partido para colaborar na elaboración de propostas para facer fronte á emerxencia sanitaria derivada do coronavirus, segundo informa a formación nunha nota de prensa.

En Marea pide elaborar a desescalada atendendo a criterios técnicos e sanitarios porque "non entenden a incoherencia mostrada" desde a Xunta ao esixir ao Goberno central un mapa de  desescalada, á vez que se pediu "coñecer os resultados do estudo antes de tomar decisións".