CRTVG

Buscar

En Marea, pendente de que o partido de Errejón confirme se se presenta en Galicia

Publicado o 24/09/2019 14:43

Pendentes de que o partido de Errejón decida se se presentan en Galicia, aceléranse os contactos cos posibles socios galegos. Un deles é En Marea. Luís Villares é cauto ao falar dunha alianza, pero recoñece conversas fluídas con Compromís, primeiro socio electoral de Errejón.

Luís Villares agarda que concreten en asemblea o nome e o xeito en que van concorrer ás próximas eleccións xerais. Pero se deciden presentarse en Galicia, o voceiro de En Marea abre a porta a unha posible alianza co partido de Errejón. De momento, evita confirmar contactos, pero recoñece conversas fluídas con Compromís, que xa se sumou ao proxecto de Errejón.

"Collendo as propias declaracións de Mónica Oltra neste sentido. Escoitar, falar e dialogar, e acordar",
di Luís Villares.

O partido de Errejón baralla presentar listas na Coruña e Pontevedra e para esas candidaturas comezan a soar nomes como o de Carolina Bescansa.

Noticias web

24/09/2019