CRTVG

Buscar

En Marea non consegue formar coalición nin con Más País nin coas forzas nacionalistas

Publicado o 30/09/2019 19:40

• Anova non concorrerá o 10-N

A negociación entre En Marea e Más País, o novo partido de Errejón, mantívose ata o último momento, Pero finalmente venceu o prazo para incribir coalicións electorais sen chegaren a un acordo para ir xuntos o 10-N.

"Constatamos que o artellamento dunha posible alianza deixaría abeirado completamente o desenvolvemento dunha axenda política galega. Pensamos que isto non pode ser así. Para vivir esa experiencia xa tivermos a de Podemos", asegurou o voceiro de En Marea.

Villares tampouco tivo éxito na súa proposta de agrupar nunha mesma marca todas as forzas nacionalistas galegas.

"Para o que non está o BNG é para definir as súas posicións en base aos problemas e leas que teñan outras forzas políticas, nin as cabazas que outras forzas políticas se dean entre si. Nós somos un proxecto serio, unha alternativa de futuro para Galicia", dixo a voceira Nacional do BNG, Ana Pontón.

O BNG presentarase en solitario ás xerais. Anova non concorrerá para non contribuír máis, explican, á atomización da esquerda. En Marea reunirá a súa dirección para decidir que facer. Os partidos teñen ata as doce da noite do 7 de outubro para formalizar as súas listas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/09/2019