CRTVG

Buscar

En Marea irá en coalición cos críticos co alcalde de Ferrol

Publicado o 27/03/2019 17:18

En Ferrol, En Marea apoiará para as municipais a lista de críticos co actual alcalde, Jorge Suárez, de Ferrol en Común. Luís Villares asinará esta fin de semana un acordo para concorrer en coalición coa Marea de Ferrol enfrontándose así nas urnas a Suárez, ao que apoia Podemos. O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, confirma que Suárez é a súa aposta.

Antón Gómez-Reino, secretario xeral de Podemos Galicia: "Para nós, máis alá de participar máis activamente ou non da candidatura e do espazo de Ferrol en Común, para nós Jorge é un aliado. Traballamos politicamente e Ferrol en Común é un aliado". 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/03/2019