CRTVG

Buscar

En Marea inicia o debate para cambiar o nome do grupo parlamentario

Publicado o 08/07/2019 15:02

O Grupo Mixto e En Marea deron a primeira rolda de prensa por separado no Parlamento de Galicia tras a ruptura do grupo parlamentario. Manolo Lago, portavoz de En Marea, asegurou que están inmersos nun proceso de debate para cambiar o nome. Queren que sexa canto antes, pero apuntou que non van aceptar inxerencias nin presións. Luis Villares, voceiro agora do Grupo Mixto rexeitou, ante un cartel de En Marea, facer declaracións sobre o proceso de ruptura.
 

Noticias web

08/07/2019