En Marea formaliza a súa ruptura e Villares e tres deputados afíns pasan ao Grupo Mixto
• Sande será senador autonómico de En Marea
• Vázquez e Muñoz, polo PPdeG
Esfe feito ten dúas consecuencia inmediatas. Dunha banda, a Cámara pase de tres grupos parlamentarios a cinco. Ademais, a partir do luns a primeira forza da oposición será o PSdeG con 14 escanos. Con todo, a Mesa do Parlamento decidiu, coa axuda dos letrados, respecta o nomeamento que En Marea fixo no seu día para o senador de designación autonómica: José Manuel Sande.
Para Luís Villares, esta é a crónica dunha ruptura inevitable. Acusa a Podemos de exercer, co seguidismo de Anova e Esquerda Unida, unha purga ideolóxica. En Madrid, amordazando os deputados de En Marea. En Santiago, impoñendo a continuidade de Paula Quinteiro tras un incidente coa policía. Luís Villares, voceiro de En Marea: "Preferiron defendela unicamente porque tiña o carné de Podemos. Aí empezou a derrumbarse todo. Demandamos desculpas por non ternos emancipado antes no grupo de Madrid e tamén aquí por non telo feito antes"
Villares, xuíz en excedencia, comprométese a seguir no grupo mixto cos outros tres deputados ata a fin desta lexislatura. Luís Villares, voceiro de En Marea "Se a pregunta é se vivía máis tranquilo antes, a resposta é que si, pero arrepentido non"
Visión distinta ten o sector crítico. Luca Chao Deputada de En Marea "Tratar de sinalar un cabeza de turco paréceme unha distracción que non leva a ningunha parte. O espazo político é moito máis plural do que pretende a dirección de En Marea"
Culpan a En Marea da ruptura e de por en risco o seu senador. Luca Chao Deputada de En Marea "Sería unha mágoa e unha decepción. Entendo que unha irresponsabilidade máis por parte da dirección de En Marea que estaría regalándolle un senador que tocaba a este grupo parlamentario ao Partido Socialista"
Os críticos van reorganizar o grupo e posiblemente cambiarlle o nome. Aos deputados do mixto gustaríalles empregar a denominación de En Marea.