CRTVG

Buscar

En Marea esixe que os deputados que apoian a Sande entreguen as súas actas

Publicado o 18/06/2019 18:05
En Marea esixe que os deputados que apoian a Sande entreguen as súas actas

En Marea esixiu este martes que os oito deputados que apoiaron nunha votación telemática a José Manuel Sande como candidato a senador por designación autonómica, en contra da proposta da dirección do partido, entreguen a súa acta de deputados.

A En Marea correspóndelle, en base aos resultados electorais das eleccións autonómicas de 2016, elixir un representante para a Cámara Alta. Co obxectivo de elixir á persoa candidata para este posto, na xornada do pasado mércores celebrouse unha votación no grupo parlamentario para elixir o candidato a senador entre José Manuel Sande, concelleiro de Marea Atlántica, e Mariló Candedo, proposta polo Consello das Mareas.

Os parlamentarios que apoiaron a Sande foron os cinco integrantes de Podemos -Luca Chao, Paula Quinteiro, Marcos Cal, Carmen Santos e Julia Torregrosa-, o portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez; Manuel Lago e Ánxeles Cuña. A viceportavoz de En Marea, Ana Seijas, explicou que se solicitará a baixa na formación destas persoas ante unha "infracción moi grave do código ético".

Ademais, se lels pedirá que abandonen o grupo parlamentario de En Marea e "renuncien ás súas actas ao non representar a vontade" do partido polo que foron elixidos. Con todo, cada acta é persoal, polo que ningunha organización pode forzar a renuncia da condición de deputado a pesar de que a dirección de En Marea insistiu este martes en denunciar o "transfuguismo e golpismo político" duns deputados que "obedecen" a un Podemos marcado polo "afán de destruír as confluencias en todo o estado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019