CRTVG

Buscar

En Marea e En Común dispútanse os dereitos electorais da coalición de 2016

Publicado o 28/03/2019 21:09
En Marea e En Común dispútanse os dereitos electorais da coalición de 2016

En Marea e En Común-Unidas Podemos despútanse ante a Xunta Electoral quen das dúas candidaturas queda coa herdanza dos resultados das xerais de 2016 cando concorreron en coalición. As xuntas provinciais de Ourense e Pontevedra dánlle a razón a En Común, pero En Marea vai recorrer esa decisión ante a Xunta Electoral Central.

Quen obteña os dereitos será considerada a continuadora da coalición e terceira forza política en Galicia. Está en xogo, entre outras cousas, o tempo de propaganda electoral televisiva e que o nome da candidatura figure en terceiro lugar nas papeletas do Senado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/03/2019