CRTVG

Buscar

En Marea di que Más País só quería ter unha sucursal en Galicia

Publicado o 07/10/2019 18:56

En Marea non se presenta ás eleccións xerais, pero tampouco pide o voto para Más País, o partido de Errejón co que intentou ir en coalición. Sen citar un partido concreto, En Marea recomenda apoiar nas urnas a quen asuma unha verdadeira axenda galega.

"Animamos os electores, a cidadanía de Galicia, que vote polas forzas que de verdade defendan unha axenda galega e non por sucursais ás veces montadas en catro horas a base de chamadas de teléfono", dixo o deputado de En Marea Pancho Casal.

No Grupo Común de Esquerda do Parlamento de Galicia negan que lles poida afectar a inclusión nas listas de Más País de integrantes de Podemos Galicia. Entre eles están persoas moi próximas a Carmen Santos, deputada dese grupo e ex-secretaria xeral de Podemos Galicia.

"Somos dez persoas traballando neste grupo parlamentario. Ningunha delas integramos unha lista electoral, polo tanto, normalidade absoluta", afirmou a vicevoceira do grupo.

Carmen Santos formou parte da candidatura de Carolina Bescansa nas primarias de Podemos Galicia. A cofundadora de Podemos encabezará agora a lista de Más País pola Coruña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2019