En Marea define nun conclave o seu futuro tras a ruptura afastada das alianzas electorais
Publicado o 13/07/2019 14:33

En Marea está a celebrar o seu primeiro plenario despois da ruptura do espazo do que denominan "unidade popular" e coa vista posta xa nas eleccións galegas do ano que vén.
As bases do partido, encabezado por Luís Villares, debatiron esta mañá os documentos políticos onde apostan por concorrer en solitario aos procesos electorais no canto de coalicións con outras organizacións ou partidos.
Despois do afastamento con Podemos Galicia, Esquerda Unida e Anova, En Marea abandona o concepto de "rupturismo" e rexeita a idea de liderados carismáticos e organizacións verticais.
Esta tarde no seu quinto plenario determinarán ademais o novo modelo organizativo coa proposta dun sistema de cotas que distinga entre inscritos con voz e voto e simpatizantes.