Marea Galeguista nova coalición para as eleccións do 12-X
Publicado o 30/05/2020 18:25
Unha desas coalicións fixo a súa presentación pública da alianza. Levará por nome: Marea Galeguista Os representantes de En Marea, Compromiso por Galicia e o Partido Galeguista pecharon a súa coalición nos últimos días e escenificaron a súa unión en Santiago de Compostela.
En Marea, que non se ía presentar aos comicios do 5 de abril, dá agora o paso e únese a Compromiso por Galicia e o Partido Galeguista, convencidos de que hai un electorado afín ás súas propostas. Presentanse como un proxecto aberto e inclusivo.