En Marea, CxG e o Partido Galeguista pechan a coalición para o 12-X
Publicado o 29/05/2020 18:25
En Marea, Compromiso por Galicia e o Partido Galeguista pecharon a súa coalición, á que tamén se suman mareas municipalistas, e presentarán este sábado publicamente esta alianza, que eleva a catro as coalicións que concorrerán, polo menos, nas eleccións do próximo 12 de xullo en Galicia.
O prazo para a presentación de coalicións finaliza este venres 29 de maio co panorama máis despexado que para o 5 de abril horas antes da medianoite. Rexistráronse como coalicións Galicia en Común- Anova Mareas; Espazo Común, a formación impulsada polo que fora secretario xeral do PSdeG Manuel Pachi Vázquez, xunto a Recortes Cero e Os Verdes; e Unidos polo futuro!, xunto á mencionada plataforma galeguista.