CRTVG

Buscar

En Marea continúa coas primarias malia a falta de acordo cos críticos

Publicado o 28/02/2019 16:50

A dirección de En Marea e o sector crítico continúan sen poñerse de acordo para concorrer nunha lista única ás eleccións xerais. Os de Villares seguen adiante coas súas propias primarias e mañá anunciarán os candidatos. 

Esta medianoite remata o prazo para presentarse ás primarias que organiza En Marea de cara ás vindeiras eleccións. No caso das europeas, Lidia Senra aspira a repetir candidatura.

No caso das xerais, polo momento, ninguén amosou en público a súa vontade de concorrer, nin sequera os cinco deputados que a formación ten agora no Congreso. En Marea convocou estas primarias sen contar co apoio de Podemos e Esquerda Unida. Villares failles un último chamamento.

Chamamento tamén por parte do alcalde da Coruña. En Marea anunciará mañá os seus candidatos, que despois serán votados pola militancia.

Noticias web

28/02/2019