En Marea concorrerá as eleccións xerais como partido
As eleccións xerais avivan a fractura de En Marea que parece encamiñada a presentarse divida en dúas listas o 28 de abril .Mentres os partidos inician conversas para reeditar o pacto electoral, o Consello das Mareas marca o seu calendario interno para elixir os seus candidatos.
En Marea concorrera ás eleccións xerais como partido e de forma autónoma co obxectivo de ter un grupo parlamentario propio. Luís Villares considera que reeditar a fórmula de coalición sería repetir un erro. Di Villares que son as persoas as que dan unidade e non as siglas, e polo tanto convida a todos os inscritos a participar no proceso de primarias para a elección dos seus candidatos.
Para o Senado, Villares proponlle ao BNG e ao PSdeG artellar unha "plataforma progresista galega "arredor dos valores da igualdade, do autogoberno e da defensa dos dereitos fundamentais. O voceiro de En Marea considera que deste xeito faríanse cunha representación maioritaria na cámara. En Marea comeza o luns 25 de febreiro o proceso de primarias para a elección dos candidatos ás xerais e as europeas... que serán proclamados o 13 de marzo.