CRTVG

Buscar

En Marea asegura que apoiará a investidura do partido progresista máis votado

Publicado o 04/04/2019 17:29

En Marea quere deixar clara a súa política de alianzas na próxima lexislatura.

Xoán Hermida, coordinador do programa electoral de En Marea: "Nunha investidura sempre facilitaremos o goberno á forza progresista máis votada. Non andaremos a enredar con iso, porque non está a cousa para enredar, pero tampouco imos dar un cheque en branco".

Non darán un cheque en branco, din, nin ao PSOE nin a Podemos, marcando así distancias coa candidatura rival de En Común. 

Luís Villares, voceiro de En Marea: "A nosa principal bandeira para estas eleccións é a coherencia. A coherencia non é algo do que un diga para o futuro, é algo que un exhibe con relación ao pasado".

Din que farán máis campaña na rúa se a Xunta Electoral ratifica que os espazos televisivos sexan para a coalición galega de Podemos e Esquerda Unida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/04/2019