CRTVG

Buscar

En Marea apraza o relevo de Villares da vogaría ata despois das locais

Publicado o 30/04/2019 22:01

Villares afirma que a súa substitución só pode ser acordada pola dirección política de En Marea e abre a porta a sancións contra os deputados. O Grupo Parlamentario de En Marea acordou pospoñer sen data a destitución de Luís Villares como portavoz na Cámara galega.

A maioría de deputados (nove de 14) apoiaron a emisión dun comunicado no que apostan pola apertura dun "proceso de reflexión" sobre as portavocías na Cámara. Esta decisión foi tomada nunha reunión que se estendeu por máis dunha hora e que se celebrou ao termo da sesión plenaria deste martes. Este acordo foi apoiado por nove dos 14 deputados de En Marea na Cámara, segundo recolle un comunicado emitido ao termo do encontro polo gabinete de comunicación do grupo, que precisa que os cinco deputados restantes "non quixeron participar na votación". En declaracións aos medios, Luís Villares sinalou aos deputados de Podemos como responsables dun reunión que "prexudica" ás mareas municipalistas ante a inminente cita coas urnas.

Ademais, o maxistrado asegurou que "o debate" sobre a portavocía en O Hórreo debe darse no seo da organización de En Marea e non no grupo, que "non ten lexitimidade" para revogar ao portavoz. "Nin era o momento nin era o lugar", resolve.

Noticias web

30/04/2019