En marcha outra operacion de evacuación de cidadáns afgáns vinculados con España
Publicado o 11/10/2021 08:20

O Goberno puxo en marcha unha nova operación para evacuar cidadáns afgáns vinculados con España. Os ministerios de Defensa e Exteriores coordinan o operativo, do cal non se coñecen moitos detalles por razóns de seguridade. O primeiro dos voos do Exército do Aire podería chegar ao aeroporto de Torrexón esta noite, procedente de Pakistán, con case un centenar de persoas.