En marcha a sétima campaña de escavación no castro de San Lourenzo
Publicado o 06/08/2021 15:53
Os arqueólogos escavan as tumbas medievais. É tan só unha parte da longa historia deste espazo que foi un castro dedicado á metalurxia e onde se celebra a romaría de San Lourenzo.
O arqueólogo Xurxo Ayán explica aos visitantes os labores desta sétima campaña nos límites da necrópole alto medieval.
Por terceiro ano, unha decena de voluntarios de Galicia, Euskadi e Andalucía colaboran co proxecto, como a vasca Lucía del Solar.
Doado polos seus propietarios, o castro de San Lourenzo mobiliza arqueólogos, veciños, voluntarios e visitantes. Atoparon restos de cerámica medievais, unha dentadura e moedas da Casa de Austria, pero, sobre todo, un proxecto común para recuperar a historia dun lugar.