CRTVG

Buscar

En maio fará 2 anos da morte da nena Desirée en Muimenta

Publicado o 19/02/2021 12:01

Desirée non chegou a facer os oito anos de vida. Tiña sete cando morreu. Vivía en Muimenta, no concello lugués de Cospeito, coa nai e coa avoa materna que, precisamente, foi a que atopou o corpo sen vida da nena na cama, o 3 de maio de 2019, cando a foi levantar para ir ao colexio.

Foi tamén a avoa a que chamou o servizo de urxencias para pedir axuda. O persoal sanitario só puido certificar o falecemento da nena. A xuíza de Vilalba encargada da investigación ordenou manter en segredo as dilixencias.

Segundo as poucas informacións que transcenderon daquela, tiña lesións na boca e no pescozo. Segundo o informe preliminar da autopsia, puido morrer por asfixia. A nai de Desirée converteuse na principal sospeitosa.

A xuíza interrogouna no hospital de Lugo, onde levaba ingresada desde o día en que morreu Desirée, e ordenou o seu ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza. A nai aínda estivo hospitalizada varios meses.

Cando lle deron a alta, foi trasladada á prisión de Bonxe acusada dun delito de homicidio ou asasinato.



 

Noticias web

19/02/2021