CRTVG

Buscar

En Lugo desacelérase a suba de casos, pero preocupa o gromo de Outeiro de Rei

Publicado o 01/09/2020 15:04

A residencia de Outeiro de Rei conta con 200 internos. O gromo da Covid-19 afecta xa 39 deles e cinco traballadores segundo os datos do último cribado. 

O xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares, di que os ingresos aumentaron pero que, de momento, non están afectando a capacidade asistencial do hospital. 

Na Milagrosa houbo 11 positivos novos nas últimas horas. O cribado aos hostaleiros do barrio xa comezou. Piden que se tomen medidas estritas cos establecemetos incumpridores que, afirman, prexudican a todos os demais.

Mañá reúnese de novo o comité clínico para avaliar as restricións.


O dato positivo é que nas últimas 24 horas a área sanitaria de Lugo rexistrou 29 casos, fronte aos 55 de onte, o que podería indicar que a expansión do virus comeza a frearse. Hai 4 pacientes en UCI e nas últimas horas faleceu unha muller de 96 anos que estaba ingresada no Hula e que presentaba patoloxías previas.

De media fanse 700 PCR diarias na provincia.

Noticias web

01/09/2020