CRTVG

Buscar

En liberdade provisional os tres detidos en Menorca por conspiraren para matar un home

Publicado o 04/02/2020 20:41


Os detidos, agora en liberdade con cargos, son un home e unha muller que mantiñan unha relación e mais o presunto sicario, todos de idades comprendidas entre corenta e corenta e cinco anos. Os tres planearon matar o marido da muller cunha lata de cervexa que contiña veleno. Segundo informou a policía, impútaselles aos tres o cargo de asasinato en grao de tentativa. As investigacións que deron con esta trama remóntanse ao mes de agosto pasado.

Segundo os investigadores, a lata de cervexa con veleno foi colocada na neveira do posto de traballo da presunta vítima. Realizadas as análises pertinentes comprobouse que o liquido contiña fármacos suficientes para durmir o home e así poder acabar facilmente coa súa vida. As investigacións indican que o sicario recibiu dous mil euros para realizar o traballo. A policía comprobou que este home chegou a vixiar en varias ocasións ao domicilio da vítima.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/02/2020