CRTVG

Buscar

"Eu non fun, son inocente", dixo o Alemán ao chegar en liberdade a Salceda de Caselas

Publicado o 20/06/2019 14:30

O mozo alemán liberado pola xuíza tras pasar dez días en prisión provisional en relación co crime de Salceda pasou a primeira noite de volta na casa. 

Moita emoción no reencontro de Jürgen Karau cos seus familiares e amigos en Salceda de Caselas nada máis abandonar o cárcere da Lama. As súas primeiras palabras foron de agradecemento polas mostras de apoio e para proclamar a súa inocencia.

O xulgado do Porriño ordenou a súa liberación logo de que novas dilixencias achegadas pola Garda Civil nas últimas horas apuntaran a posibilidade dun erro de identificación. Dez días pasou o home, coñecido como o Alemán, en situación de prisión provisional como único sospeitoso pola morte a coiteladas do mozo Soufian Mraha. Agora só quere, dixo, recuperarse, recobrar a tranquilidade e retomar a súa vida. Mentres tanto, permanece en calidade de investigado e con obriga de comparecer cada quince días perante a xustiza.

As dúas familias, tanto a de Jurgen como a da vítima, non quixeron facer declaracións, pero ambas expresaron o seu desexo de que as investigacións dean axiña resultado para dar co culpable. 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019