CRTVG

Buscar

En liberdade os tres mozos investigados pola violación grupal en Bilbao e que foron recoñecidos pola vítima

Publicado o 21/08/2019 17:36
En liberdade os tres mozos investigados pola violación grupal en Bilbao e que foron recoñecidos pola vítima
Os tres investigados que pasaron este mércores por unha roda de recoñecemento pola violación grupal en Bilbao, e que foron identificados pola vítima, seguen polo momento en liberdade, confirmaron fontes xudiciais. A pesar de que a moza identificou aos tres, nun principio a xuíza deixou en liberdade a dous deles xa que, segundo as fontes, hai imaxes de vídeo que lles sitúan noutro lugar de Bilbao no momento da agresión sexual, que se produciu o pasado 1 de agosto no parque deEtxebarria. Con respecto ao terceiro investigado e identificado, a decisión de que seguise en liberdade foi adoptada pola xuíza máis tarde despois de reunirse co representante da Fiscalía e o avogado defensor.
As fontes aclararon que a xuíza decidiu non enviarlle a prisión porque, como argumentou a defensa, onte a vítima identificou erroneamente a outro dos investigados e hoxe podía ocorrer o mesmo. Onte, explicaron as fontes xudiciais, celebrouse outra roda de recoñecemento na que estaban presentes outros dous investigados. A vítima asegurou que un deles era un do agresores pero identificou como tal a un dos figurantes, polo que o seu testemuño foi erróneo. Destes dous, un está en liberdade con cargos e o outro en prisión, xa que tiña arañazos nas costas que supostamente lle produciu a vítima defendéndose da agresión sexual grupal.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí