CRTVG

Buscar

En liberdade os sete detidos na operación antidroga de Pontevedra

Publicado o 18/12/2020 15:13

Todos os detidos na operación Guarloc contra o tráfico de drogas a pequena escala en Pontevedra están xa en liberdade con cargos.

Dous deles xa quedaran libres en sede policial e os outros cinco despois de compareceren no Xulgado de Instrución número 2, que dirixe o caso.

As detencións foron practicadas pola Garda Civil e mais a Policía Local de Pontevedra en seis rexistros de inmobles efectuados no municipio e nos que se interviñeron estupefacientes, armas brancas e algo máis de 16.000 euros en efectivo.

Noticias web

18/12/2020