CRTVG

Buscar

En liberdade o 'kamikaze' que intentou esnafrarse coa súa muller na autovía do Morrazo

Publicado o 10/09/2018 13:59

O condutor de Vigo que foi atropelado na autovía do Morrazo, despois de causar un accidente, está en liberdade por intento de homicidio e cunha orde de afastamento da súa muller.

Despois de ingresar no hospital en estados grave, e agora xa recuperado, o home prestou declaración ante o xuíz que leva o caso.

O suceso ocorreu no mes de xuño, e segue a ser investigado como un caso de violencia machista. 
A Garda Civil despois de escoitar o testemuño da muller, sospeita que o home puido provocar o accidente de xeito intencionado para despois intentar que o atropelaran para quitarse a vida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2018