CRTVG

Buscar

En liberdade e cunha orde de afastamento a muller detida en Lugo por agredir o seu fillo

Publicado o 27/04/2020 19:44


Unha muller de 38 anos foi detida en Lugo como presunta autora dun delito de violencia doméstica contra o seu fillo. Unha patrulla da Policía Nacional topouse de madrugada cun rapaz de trece anos que corría descalzo pola rúa República Arxentina da capital luguesa.

A preguntas dos axentes, o menor contou que fora agredido pola súa nai e que escapara da casa. Tras pasar a disposición xudicial, a muller foi posta en liberdade cunha orde de afastamento do seu fillo, que foi deixado a cargo dunha tía.

Noticias web

27/04/2020