CRTVG

Buscar

En liberdade dúas mulleres de Ourense acusadas ameazar con coitelos un home nun bar

Publicado o 15/01/2019 14:25

A Policía Nacional detivo dúas mulleres como presuntas autoras dun delito de ameazas graves e lesións. Foi de madrugada nun bar do barrio ourensán de San Francisco. As dúas mulleres entraron no establecemento e acto seguido esgrimiron tres coitelos que gardaban na cintura contra un dos clientes, acusándoo de roubalas e ameazándoo con matalo. A propietaria do bar e outros clientes conseguiron reducilas ata que chegou a Policía. Teñen 27 e 28 anos e quedaron en liberdade tras prestar declaración ante o xuíz.

 

Noticias web

15/01/2019